Aberto o prazo para “Xogando á perfomance. Obradoiro de iniciación”

Dende o 15 de abril terá lugar n’O Gabinete o Obradoiro de iniciación «Xogando á performance». Este obradoiro está dirixido a calquera persoa interesada en experimentar un novo modo de facer, dende a práctica, o agora, o absurdo, humor, amor e azar. Realizaremos un percorrido polo tempo, espazo, corporalidade e elementos.

As sesións terán lugar os sábados 15 e 22 de abril e 6, 13 e 20 de maio, de 11:00 a 13:30, e un custo de tres pagos de 30 euros. A inscrición está aberta ata o o mércores 12 de abril.

A docente é Cora Novoa, artista interdisciplinar galega, graduada na universidade de Belas Artes, cun máster na Universidade de Sevilla. Completa a súa formación en Londres, Barcelona e múltiples obradoiros e residencias en distintas ciudades, da man de artistas multidisciplinares nos campos da arte da acción, danza e música experimental. A súa obra abrangue as linguaxes da fotografía, instalación, videoarte e performance. A súa obra, tamén de carácter interdisciplinar, está marcada polo seu contexto e as súas experiencias persoais; abrangue temáticas como a fragmentación, a precariedade, a deconstrución da identidade, o erro, ou a corporalidade como espazo habitado.

O Gabinete está situado na rúa Ponte do Sar, 8 en Santiago de Compostela. Trátase dun espazo cultural independente que ten como obxectivo crear un novo lugar para a experimentación e a creación contemporánea.

Para inscribirse cómpre dirixirse a info@ogabinete.gal