Máis Alalá

Achégate ao Gabinete para coñecer a proposta Máis Alalá coa que, a través da electrónica, a percusión e a poesía sonora, Alejandro Vargas e Xelís de Toro recrean poemas do libro De catro a catro de Manoel Antonio con música improvisada e poéticas sonoras.

Arte contra o xenocidio

A esperanza de Ahmed agora é poñer a salvo á sua familia. As súas recentes obras, "diarios do desprazamento", son un reflexo da desvatación que o rodea e a súa forma de resistencia. A través da arte Ahmed intenta lidiar co desprazamento da súa familia.

Concerto de Delta

No Origami, o papel dóbrase dando lugar a unha nova figura. Do mesmo xeito, as ideas do compositor e pianista Juanjo Fernández préganse a través do violín de Amparo Cánovas e o violonchelo de Elena Domínguez, creando Delta.

Crónica dunhas prácticas formativas no Gabinete

  • Categoría da entrada:XERAL

As novas vivencias son, habitualmente, algo complicadas. Adentrarse no descoñecido impón sempre un pouco de respecto e require, cando menos, dunha pouca valentía.

Concerto Gael de Papel + Didiva da Ría

Gael de Papel + Didiva da Ría é o nome que recibe o proxecto a solo Gael de Papel cando se lle xunta a mezzo-soprano e violinista Laura Martins, transformándose nun dúo de música orixinal portuguesa, a medio camiño entre o folk/tradi e a música barroca e renascentista.

A primeira ESFREGA Jam terá lugar en O Gabinete

Promovida por Elsa Pereira, a ESFREGA Jam é unha festa/encontro na que diversas manifestacións artísticas se misturan para esfregarse a gusto. Na súa primeira edición converxen danza, música, foto e vídeo. O 16 de decembro en O Gabinete.

Colonialismos internos a debate o 17 de novembro

Con este encontro preténdese abordar cuestións como a construción de procesos soberanistas nas nacións sen estado españolas, a memoria colonial como parte do traballo por facer na autoreflexión soberanista, ou que identidades se están imaxinando e cales quedan fóra.

Modos de (non) ver

O Gabinete acolleu o 6 de maio a performance "Modos de (non) ver", da performer galega Cora Novoa, no marco dunha investigación que leva a cabo para a Universidade de Sevilla. Un encontro no que convidamos ás persoas interesadas en participar a transitar o espazo libremente, pero con certas particularidades.

Composición instantánea en torno ao movemento, espazo e son.

Cales son as leis físicas que definen o movemento, o espazo e o son? Ao redor desta cuestión forxouse, o 29 de abril, unha composición instantánea da man do colectivo que forman Fonsi Millán (Flown C), ao son, e Elsa Pereira, quen puxo o corpo. O Gabinete serviu de escenario para o encontro entre as tres dimensións.

Aberto o prazo para “Xogando á perfomance. Obradoiro de iniciación”

Dende o 15 de abril terá lugar n’O Gabinete o Obradoiro de iniciación «Xogando á performance». Este obradoiro está dirixido a calquera persoa interesada en experimentar un novo modo de facer, dende a práctica, o agora, o absurdo, humor, amor e azar. Realizaremos un percorrido polo tempo, espazo, corporalidade e elementos.

Conversación online con Belén Sola sobre Investigacións Raritas

O luns 27 de marzo ás 18.00 horas terá un encontro online, vía zoom, coa actual profesora da Universidade de León e coordinadora do LAAV, Laboratorio de Antropoloxía Audivisual Experimental. Con ela abordaremos o alcance do pensar a través de investigacións raras, en tanto permítenos pensar outras metodoloxías, poñer o corpo, atender aos afectos, pensar no xesto público ou cuestionar a forma en que abordamos o que estamos investigando.

Akelarre

O pasado 21 de xuño de 2022 tivo lugar en O Gabinete unha acción performativa no marco da presentación do ensaio da comisaria María Marco. A investigadora presentaba o II…

Alén da norma I

A disidencia, consciente ou non, é unha fenda aberta á exploración de posibilidade. A norma encorseta e afoga, en tanto xera exclusións. A norma non deixa de ser unha ficción,…