A Caixa de Ferramentas do Colectivo LARRE en acción

A “Caja de Herramientas de Te ( n ) cuidado” recolle 10 ferramentas para a articulación colectiva. A súa a finalidade é a de compartir e propiciar a súa posta en práctica, para poder usalas, replicalas, reinterpretalas e/ou hackearlas segundo necesidades e conveniencias. Esta distribución e socialización da “caixa” é posible grazas ao apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso.

Caterina Varela e Fran Quiroga conversan sobre Dereitos Culturais para unha Democracia Viva

Convidámosvos a participar no encontro “Dereitos Culturais para unha Democracia Viva” para escoitar a conversa entre Fran Quiroga e Caterina Varela, e participar no debate aberto xunto coas relatoras e persoas integrantes de asociacións do sector cultural galego que tamén estarán presentes no encontro.

Colonialismos internos a debate o 17 de novembro

Con este encontro preténdese abordar cuestións como a construción de procesos soberanistas nas nacións sen estado españolas, a memoria colonial como parte do traballo por facer na autoreflexión soberanista, ou que identidades se están imaxinando e cales quedan fóra.