Ensaio Aberto co Colectivo Crú e a artista sonora Rea Di Made
O Gabinete abre de novo as súas portas ao COLECTIVO CRU para compartir con vós o seu proceso creativo xunto coa colaboración especial da artista sonora REA DI MADE.
O Gabinete abre de novo as súas portas ao COLECTIVO CRU para compartir con vós o seu proceso creativo xunto coa colaboración especial da artista sonora REA DI MADE.
Zarka, artista multidisciplinar e directora artística da Compagnie Marie est de la Nuit, explora os límites entre a danza, o son e as artes visuais. O'Leo de Matamá escribe versos tamén lles pon música e os canta. Carme López é Intérprete, docente e investigadora do campo da música de tradición oral galega.
O workshop “Marcos de Futuro da Cultura” reuniu a representantes de 6 asociacións sectoriais culturais de Galicia para pór en práctica a ferramenta Three Horizons Framework (Os Tres Horizontes) coa que pensamos e planificamos a visión/futuro da cultura dende diferentes perspectivas.
A “Caja de Herramientas de Te ( n ) cuidado” recolle 10 ferramentas para a articulación colectiva. A súa a finalidade é a de compartir e propiciar a súa posta en práctica, para poder usalas, replicalas, reinterpretalas e/ou hackearlas segundo necesidades e conveniencias. Esta distribución e socialización da “caixa” é posible grazas ao apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso.
O Gabinete abre as súas portas ao COLECTIVO CRU para compartir con vós o seu proceso creativo. Será un ensaio aberto para compartir en modo crú como traballan cando ninguén xs ve.
Adrián de Alfonso cantará sobre materiais sonoros que se amplifican e emiten en FM e Luna María Cedrón, baixo o seu alias Fiesta En El Vacío, reúne con suavidade e melancolía as complexas influencias e facetas da súa existencia. Previo aos concertos contaremos co set de DJ Chago.
Corpo a través é unha acción protesta a modo de deriva na que imos mapear o territorio entre o río Sar e a Cidade da Cultura. Este convite á deriva parte da vontade de convidarvos á sensibilización e á curiosidade, que se ven aumentadas polo efecto de camiñar en silencio e co focoposto na paisaxe sonora.
O Gabinete é un laboratorio de produción cultural contemporánea que desenvolve diferentes accións baixo o lema facer que as cousas sucedan. Unha das cousas que máis nos gustan que suceda é a festa, de aí que o próximo mércores 25 de setembro de 22 a 24 h. organicemos o Guateque no Gabinete.
Achégate ao Gabinete para coñecer a proposta Máis Alalá coa que, a través da electrónica, a percusión e a poesía sonora, Alejandro Vargas e Xelís de Toro recrean poemas do libro De catro a catro de Manoel Antonio con música improvisada e poéticas sonoras.
A esperanza de Ahmed agora é poñer a salvo á sua familia. As súas recentes obras, "diarios do desprazamento", son un reflexo da desvatación que o rodea e a súa forma de resistencia. A través da arte Ahmed intenta lidiar co desprazamento da súa familia.
No Origami, o papel dóbrase dando lugar a unha nova figura. Do mesmo xeito, as ideas do compositor e pianista Juanjo Fernández préganse a través do violín de Amparo Cánovas e o violonchelo de Elena Domínguez, creando Delta.
A exposición reúne o traballo de Mauro Trastoy e Pablo Barreiro nun diálogo entre a luz e a cerámica. As lámpadas escultóricas de Trastoy e as pezas cerámicas de Barreiro comparten procesos que exploran a repetición, o erro e a transformación da materia.
O son, a palabra e a forma en improviso, a preguntármonos cales serían as preguntas necesarias para preguntarse o lugar.
Gael de Papel + Didiva da Ría é o nome que recibe o proxecto a solo Gael de Papel cando se lle xunta a mezzo-soprano e violinista Laura Martins, transformándose nun dúo de música orixinal portuguesa, a medio camiño entre o folk/tradi e a música barroca e renascentista.
Promovida por Elsa Pereira, a ESFREGA Jam é unha festa/encontro na que diversas manifestacións artísticas se misturan para esfregarse a gusto. Na súa primeira edición converxen danza, música, foto e vídeo. O 16 de decembro en O Gabinete.
LÁMPADA é unha proposta que vai alén do deseño e da arte e móvese nese espazo liminal entre a escultura e a arte útil, procurando achegar ao deseño doméstico unha proposta artística.
Como se identifican os elementos definidores das prácticas artísticas comunitarias, ou como pode a arte estar ao servizo do ensanchamento da democracia, son algúns dos temas que se abordarán na Conversa Arte e participación política con Hugo Cruz, que acolle O Gabinete o próximo xoves 28 de setembro ás 20h.
Cales son as leis físicas que definen o movemento, o espazo e o son? Ao redor desta cuestión forxouse, o 29 de abril, unha composición instantánea da man do colectivo que forman Fonsi Millán (Flown C), ao son, e Elsa Pereira, quen puxo o corpo. O Gabinete serviu de escenario para o encontro entre as tres dimensións.
Dende o 15 de abril terá lugar n’O Gabinete o Obradoiro de iniciación «Xogando á performance». Este obradoiro está dirixido a calquera persoa interesada en experimentar un novo modo de facer, dende a práctica, o agora, o absurdo, humor, amor e azar. Realizaremos un percorrido polo tempo, espazo, corporalidade e elementos.
O pasado 21 de xuño de 2022 tivo lugar en O Gabinete unha acción performativa no marco da presentación do ensaio da comisaria María Marco. A investigadora presentaba o II…