Concerto Gael de Papel + Didiva da Ría

Gael de Papel + Didiva da Ría é o nome que recibe o proxecto a solo Gael de Papel cando se lle xunta a mezzo-soprano e violinista Laura Martins, transformándose nun dúo de música orixinal portuguesa, a medio camiño entre o folk/tradi e a música barroca e renascentista.

Con dúas voces, un violín, un violonchelo, un acordeón e unha guitarra, Gael de Papel + Didiva da Ría cheira a praia, a mar, e ó sol quentiño do sur de Portugal.

O GABINETE. Un espazo para que as cousas sucedan