O workshop Marcos de Futuro da Cultura reuniu, o sábado 16 de novembro, a representantes de 6 asociacións sectoriais culturais de Galicia para pór en práctica a ferramenta Three Horizons Framework (Os Tres Horizontes) coa que pensamos e planificamos a visión/futuro da cultura dende diferentes perspectivas.
Compartimos públicamente parte dos resultados da posta en práctica da ferramenta Three Horizons Framework coa que visualizamos gráficamente nun panel o Horizonte 1-AGORA (aquel no que nos atopamos e que representa o momento actual das nosas prácticas), o Horizonte 2-FUTURO CERCANO (que representa un futuro cercano con prácticas transitorias, intentos e/ou probas que intentan responder a retos presentes) e o Horizonte 3-LONGO PRAZO (o futuro emerxente que agroma nas marxes do actual sistema, desenvolvendo novos modos de dar resposta aos retos emerxentes).
Algúns comentarios e cuestionamentos antes de comezar: non estamos colexiados, facer forza no sector cultural. Apoiar o amateur. Ollo avizor para que saia algo daquí. Estamos vendo o mesmo mapa do horizonte?
Horizontes clave:
Fronte ao presente dunha cultura como espectáculo, as Industrias Culturais e a consecuente instrumentalización política da cultura que recae nunha falta de recoñecemento profesional e pouco apoio ao sector e desvalorización e nunha burocratización excesiva que dificulta superar as anualidades, etc.
Proponse transitar, nun futuro cercano, á concretar as funcións das asociacións sectoriais, ampliar os interlocutores e as audiencias e buscar novas vías de financiación. Avanzar na autoevaluación e na autocrítica, mantendo un tecido local accesible e actividades sostibles, buscando descentralizar infraestructuras e equipamentos.
Para, a longo prazo, camiñar a non depender da administración pública e que se produza un novo paradigma da cultura galega, transversal e para todas onde a interdisciplinaridade sexa un dos centros, rachando co cortoplacismo, reforzando a avaliación dos impactos e as autoavaliacións, camiñando cara a autorregulación e a distribución e mobilidade socioterritoriais. Con recoñecemento e práctica dos Dereitos Culturais.
Como seguimos?
Propostas e suxestións:
- Prototipar pequenas accións en colaboración, pequenos disparadores. Exemplo: beca de colaboración entre espazos e asociacións ou 1 mesma acción simultánea en diferentes espazos.
- Facer un mapeo colaborativo de asoaciacións e colectivos e socializar con elas os datos desta primeira reunión.
- Reclamar o 2% do orzamento en cultura. Proposta de reunión na sala circular do Auditorio de Galicia. Xaneiro-febreiro como datas para un segundo encontro.
Que facemos aquí e para que? Aínda non me quedou claro. Concretar ben obxectivos dos encontros.
Facer un resumo para trazar un segundo obxectivo. Algo moi concreto, que se necesita?
Aquí faltan colectivos. Acoller a outras e tamén a asociacións que non están no sector.
No seguinte enlace podes descargar o documento completo cos procesos e resultados da aplicación da ferramenta.
Esta actividade foi posible grazas á Subvención para entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Deputación da Coruña.
A actividade enmárcase na nosa liña de traballo Instituto de Políticas Culturais, un espazo de reflexión que sirva como laboratorio de ideas ou think tank sobre políticas públicas culturais. Deste xeito, o Instituto de Políticas Culturais será o único espazo en Galicia que aborde outras políticas dende a imaxinación, que axuden a impulsar o impacto social da cultura e da arte.