A primeira ESFREGA Jam terá lugar en O Gabinete

Que é a ESFREGA Jam?

É unha festa/encontro na que diversas  manifestacións artísticas se misturan para esfregarse a gusto!
O obxectivo é crear un espazo no que a práctica da IMPROVISACIÓN de danza, música, fotografía e videocreación converxan en liberdade, a modo de Jam sessions.

Este encontro terá unha duración de 2 horas aprox. e están convidas todas as persoas que de calquera xeito practiquen ou non calquera das artes ás que nos referimos. Poderás entrar e saír cando queiras e participar de calquera xeito respetando sempre o espazo e ás demais persoas.

A primeira ESFREGA jam será en O GABINETE, espazo mediador que acolle a proposta e nos vai iluminar coas lámpadas de Mauro Trastoy.

Nesta ocasión imos celebrar o inverno, e propomos que vos engalanedes coas súas cores (branco, prata e variacións destas)  Deste xeito, as persoas que fagan foto e video levarán consigo un material moi interesante!

Cando?
16 de decembro de 21 a 23h

Onde?
En O Gabinete, na rúa Ponte do Sar, 8, baixo, en Santiago de Compostela

Entrada
Bilhete 5€

Convida
Elsa Pereira, pro-movedora das artes do corpo en sitios raros.

Organiza
O Gabinete, un Espazo para que as cousas sucedan.