Instituto de Políticas Culturais

Cómpre abrir un espazo de reflexión que sirva como laboratorio de ideas ou think tank sobre políticas públicas culturais. Deste xeito, o Instituto de Políticas Culturais será o único espazo en Galicia que aborde outras políticas dende a imaxinación, que axuden a impulsar o impacto social da cultura e da arte. 

 

A Caixa de Ferramentas do Colectivo LARRE en acción

A “Caja de Herramientas de Te ( n ) cuidado” recolle 10 ferramentas para a articulación colectiva. A súa a finalidade é a de compartir e propiciar a súa posta en práctica, para poder usalas, replicalas, reinterpretalas e/ou hackearlas segundo necesidades e conveniencias. Esta distribución e socialización da “caixa” é posible grazas ao apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso.