O xoves 20 de xuño ás 20 h acompáñanos na improvisación poético-sonora de Alejandro Vargas e Xelís de Toro co proxecto Máis Alalá.
A música improvisada e as poéticas sonoras de Alejandro Vargas e Xelís de Toro son unha viaxe a través da electrónica, a percusión e a poesía sonora para recrear o o poemario De catro a catro de Manoel Antonio.
O material sonoro publicouse por Rosehill Records (Brighton, UK) en formato de caixa con postais con fotografías de Manuel Vilariño e códigos QR.
Non o perdas!
ENTRADA INVERSA.
A presentación enmárcase na nosa liña de traballo Territorios da Arte, un espazo para experimentación artística dende o que traballar cara a superación das dicotomías da arte. Neste sentido, O Gabinete cede o seu espazo para acoller propostas de artistas e disciplinas diversas, cun claro foco en artistas locais aínda non consagradas que están fóra dos circuítos comerciais.