Manuel Olveira presenta o libro “Habla del cuerpo social” en O Gabinete.
Here comes the sun blanket. Creditos de Paul Cocksedge Studio.
Manuel Olveira presenta o libro “Habla del cuerpo social” en O Gabinete.
O xoves 13 de outubro ás 20 h na sede d’O Gabinete, na rúa Ponte do Sar 8, en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro “Habla del cuerpo social. Pandemia y politización del espacio público” editado por Brumaria.
“Os materiais e reflexións que motivan este libro veñen da rúa, do espazo público negado durante a pandemia, dos anónimos que nela deixaron a súa voz, e da incerteza derivada da orde biopolítica e económica neoliberal que multiplica as súas disfuncións sobre o organismo social…” según sinala o autor.
Manuel Olveira (Porto do Son, A Coruña, 1964) é Licenciado en Historia da Arte (USC, 1987) e Bellas Artes (UB, 1994). Foi director de Hangar (2001-2005), CGAC (2005-2009), Ágora (2010-2011) e MUSAC (2013-2021). Ademais de comisariar exposicións e escribir sobre arte, publicou o proxecto editorial Complot (Ayuntamiento de Terrassa e Hangar, 2004) e os libros Entre-vista (CGAC, 2008), Conferencia performativa (MUSAC e This Side Up, 2014) e Cómo vivir con la memoria (Puente editores, 2018), entre outros. Como autor, escribiu a novela Todo el tiempo del mundo (Libros de Rocamadour, 2014) e o poemario Muero todos los días 2013-2021 (Eolas Ediciones, 2021).
O encontro está aberto ao público e contará coa compañía do investigador Fran Quiroga.