Inscricións abertas para o obradoiro Técnicas Gráficas para Relatar Memorias ata o 15 de abril

Os sábados 20 e 27 de abril de 9 a 14 h terá lugar en O Gabinete o obradoiro participativo Técnicas Gráficas para Relatar Memorias co que aprender a deseñar e usar ferramentas gráficas para relatar memorias en directo e en diferido, tomando como contexto situado o barrio de Sar.

As técnicas de relatoría gráfica empréganse para rexistrar cousas que pasan, en vivo e en directo, a partir de debuxos e palabras. Na actualidade é común ver a persoas relatoras rexistrando eventos de diversa índole como conferencias, congresos ou seminarios. Estas novas formas de documentación soen centrarse na persoa que rexistra, na súa técnica e no material resultante, máis non sempre incorporan formas de relatar colectivamente.

O obradoiro Técnicas Gráficas para Relatar Memorias pretende ser un espacio de debate e praxe en torno a técnicas coas que afondar na relación entre oralidade, memoria e materialidade. Ao mesmo tempo, exploraremos os paradigmas de arte, arquivo e arquivística comunitaria como posibilidades para documentar a memoria social.

Non é necesario saber debuxar. Exploraremos sen expectativas, soas e con outras.

OBXECTIVOS

  1. Coñecer técnicas de documentación gráfica dende enfoques participativos.
  2. Aprender a usar e a deseñar ferramentas para relatar memorias en diferentes lugares, situacións e con diferentes persoas (individual e colectivamente).
  3. Crear un arquivo gráfico colectivo da memoria do barrio de Sar cos resultados do taller.

METODOLOXÍA

A metodoloxía enmárcase na Investigación Acción Participativa dende unha perspectiva teórico-práctica. Achegarémonos á teoría a partir de marcos conceptuais, lecturas básicas e postas en común. Na práctica, exploraremos casos de aplicación das técnicas no contexto iberoamericano para poñelas en práctica no contexto no que se empraza o obradoiro, partindo da pregunta Como podemos nós relatar memorias no barrio do Sar?

PROGRAMA

  • Memoria e relato gráfico: unha nova relación?
  • A praxe de relatar gráficamente.
  • Derivar e Mapear.
  • Do relatograma ao memograma.

IMPARTE _ Adela Vázquez Veiga, quen investiga como abrir a relación entre patrimonio e procomún a partir de ferramentas participativas, explorando novas prácticas de arquivo da memoria social.

NIVEL _ Iniciación.

MODALIDADE_Presencial.

DURACIÓN _ 10 horas.

DATAS _ Sábados 20 e 27 de abril de 9 a 14 h.

PREZO _ 100 euros 

A cota do obradoiro realizarase a través de transferencia. Unha vez que te inscribas enviarémosche os datos por correo electrónico para facela efectiva.

Nº DE PRAZAS  _ 15 

Inclúe materiais, acceso a Internet, auga, café, té e refrixerio. Así coma unha guía física sobre como aplicar as técnicas e recursos en formato dixital.

COMO INGRESAR A COTA?

A través de transferencia cos datos seguintes:

Destinatario: Asociación Gabinete de Imaxinación
Asunto: obradoiro
IBAN: ES51 3070 0035 2962 5111 5025
Cantidade: 100 euros

Unha vez feita a transferencia, envíanos o xustificante por email a info@ogabinete.gal para que poidamos confirmar o recibo e enviarche a información sobre a política de cancelación e devolución.

Grazas por facer que as cousas sucedan!

A QUEN VAI DIRIXIDO

A calquera persoa que teña curiosidade por aprender a relatar de modo gráfico e a experimentar outros modos de escoitar e mirar o que sucede ao noso arredor recollendo memorias pasadas e presentes.

En O Gabinete hai acceso por rampa para persoas que o precisen. Durante as xornadas traballaremos en mesas e sairemos a camiñar polas rúas do barrio de Sar.

SIRVE PARA

Podes empregalas sen intención algunha ou aplicalas nalgún ámbito concreto, por exemplo nas ciencias sociais e as humanidades, a etnografía, a antropoloxía, a socioloxía, o deseño urbano, o patrimonio cultural, a arte, a mediación artística, cultural e comunitaria ou no ámbito da saúde, a psicoloxía, o traballo social ou a agroecoloxía, entre moitos outros.

Dende O Gabinete emitiremos un certificado de asistencia.

Os obradoiros enmárcanse na nosa liña de traballo Etnografías Contemporáneas coa que queremos contribuír a fortalecer, dende a colaboración, unha antropoloxia contemporánea non historicista, que nos permita cuestionar temas como identidade, pertenza, territorio e/ou as relacións entre espazo e individuo.