O Gabinete é unha fábrica de creación independente, unha entidade sen afán de lucro que ten como obxectivo servir como laboratorio de produción e experimentación. Acolle propostas artísticas e innovadoras que den respostas aos retos contemporáneos.

O Gabinete nace coa vocación de servir como lugar de encontro.

Un espazo dirixido por:

Fran Quiroga

Investigador transdisciplinar.

Adela Vázquez

Activista patrimonial e relatora gráfica.

Mauro Trastoy

Deseñador gráfico e artista.

Asociación O Gabinete de Imaxinación

Nace coa vontade de abrirse ao inesperado e como unha invitación a facer xuntas. É un espazo de traballo e pensamento que acolle investigacións experimentais, exposicións, performances, presentacións e obradoiros. 

O Gabinete defínese como un lugar de encontro para que as cousas sucedan

A asociación foi inscrita por resolución de 21/11/2019 no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia co obxectivo de abrir un espazo de cultura contemporánea no país.

Os nosos fins

  1. A promoción, desenvolvemento, protección e difusión das artes plásticas, escénicas, culturais e audiovisuais.
  2. O apoio á practica artística de artistas e investigadores tanto na fase de proxecto como de producción.
  3. A promoción da innovación social.
  4. A difusión da cultura galega.
  5. A promoción da sustentabilidade, tanto dende o punto de vista ambiental, como social, cultural e económico.