O venres 5 de abril ás 20 h Estevo Creus e Ariel Ninas presentan a Experimentación Poético Sonora SON ARTES ROTAS.
O son, a palabra e a forma en improviso, a preguntármonos cales serían as preguntas necesarias para preguntarse o lugar.
Un aparecer nunha parte, un terzo de asa, un aceno, un sotaque.
Os seus zapatos.
Cal é a pregunta como? Ou a pregunta é Faise?
Tirar pedras ao aire é a estratexia para buscar precipicios.
S.A.R.
e se todo é posible, por que falta?
Estevo Creus, á palabra en aceno.
Ariel Ninas, a sanfona.
Mauro Trastoy, o lugar e a forma.
Público, o estar
A presentación enmárcase na nosa liña de traballo Territorios da Arte, un espazo para experimentación artística dende o que traballar cara a superación das dicotomías da arte. Neste sentido, O Gabinete cede o seu espazo para acoller propostas de artistas e disciplinas diversas, cun claro foco en artistas locais aínda non consagradas que están fóra dos circuítos comerciais.