O venres 20 de xuño acompáñanos na presentación do Poemário de M.A. Barreira!

O venres 20 de xuño ás 20:30 h M.A. Barreira presenta o seu novo Poemário!

📍O Gabinete
🗓️ Venres 20 de xuño
🕡 20:30 h
🎟️ Billeteira inversa

“Cadelis, putes e animais xota/e/os da parroquia de Sar e periferias, preséntovos meus novos abortinhos artísticos, traede ghanas de mover-vos  que é interativo, xa figen case todo lonli e tou chea de min coma de unha autovaca en brasos… (versos de amor e glória bendita 😉
deus me dé cartos pa poder paghar colaboradoris”.

 

A actividade enmárcase na nosa liña de traballo Territorios da Arte, un espazo para experimentación artística dende o que traballar cara a superación das dicotomías da arte. Neste sentido, O Gabinete cede o seu espazo para acoller propostas de artistas e disciplinas diversas, cun claro foco en artistas locais aínda non consagradas que están fóra dos circuítos comerciais.