SINAPSE, xuntanza sonora!

O venres 25 de abril ás 18:00 h acompáñanos no encontro SINAPSE con Rea Di Made, Cravo Maino, Baby Acab e Remora.  

O Gabinete abre de novo as súas portas para recibir a 4 artistas sonoras de referencia na escea actual compostelana e galega. 

Farán que sucedan cousas ao carón dos pratos, dándolle vida aos discos e pinchando material de ensoño.

     ENTRADA INVERSA
 
 

A actividade enmárcase na nosa liña de traballo Territorios da Arte, un espazo para experimentación artística dende o que traballar cara a superación das dicotomías da arte. Neste sentido, O Gabinete cede o seu espazo para acoller propostas de artistas e disciplinas diversas, cun claro foco en artistas locais aínda non consagradas que están fóra dos circuítos comerciais.