Caterina Varela e Fran Quiroga conversan sobre Dereitos Culturais para unha Democracia Viva
Convidámosvos a participar no encontro “Dereitos Culturais para unha Democracia Viva” para escoitar a conversa entre Fran Quiroga e Caterina Varela, e participar no debate aberto xunto coas relatoras e persoas integrantes de asociacións do sector cultural galego que tamén estarán presentes no encontro.
Ensaio Aberto do Colectivo Crú
O Gabinete abre as súas portas ao COLECTIVO CRU para compartir con vós o seu proceso creativo. Será un ensaio aberto para compartir en modo crú como traballan cando ninguén xs ve.
Adrián de Alfonso + Fiesta en el Vacío en concerto da man de Colapso Colectivo
Adrián de Alfonso cantará sobre materiais sonoros que se amplifican e emiten en FM e Luna María Cedrón, baixo o seu alias Fiesta En El Vacío, reúne con suavidade e melancolía as complexas influencias e facetas da súa existencia. Previo aos concertos contaremos co set de DJ Chago.
Deriva Sensosonora Corpo a través
Corpo a través é unha acción protesta a modo de deriva na que imos mapear o territorio entre o río Sar e a Cidade da Cultura. Este convite á deriva parte da vontade de convidarvos á sensibilización e á curiosidade, que se ven aumentadas polo efecto de camiñar en silencio e co focoposto na paisaxe sonora.
Arranca o Laboratorio de Cultura Contemporánea!
Grazas á Subvención para entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Deputación da Coruña seguiremos facendo que as cousas sucedan este outono a través do Laboratorio de Cultura Contemporánea.
Guateque no Gabinete o 25 de setembro
O Gabinete é un laboratorio de produción cultural contemporánea que desenvolve diferentes accións baixo o lema facer que as cousas sucedan. Unha das cousas que máis nos gustan que suceda é a festa, de aí que o próximo mércores 25 de setembro de 22 a 24 h. organicemos o Guateque no Gabinete.