O mércores 20 de novembro de 17 a 19 h acompáñanos no obradoiro “TE( n) CUIDADO. Herramientas para la articulación colectiva”, da man do Colectivo LARRE.
ENTRADA DE BALDE con previa inscrición aquí.
O ciclo de encontros “Se chego a sabelo antes!” da Asociación de Xestores Culturais de Galicia, en colaboración co colectivo Larre, presenta o obradoiro “TE( n) CUIDADO. Herramientas para la articulación colectiva”, co colectivo Larre.
A cita será o mércores 20 de novembro de 17 a 19h (en modalidade presencial e con prazas limitadas) no noso espazo, emprazado na Rúa Ponte do Sar 8, baixo de Santiago de Compostela.
A “Caja de Herramientas de Te ( n ) cuidado” recolle 10 ferramentas para a articulación colectiva. A súa a finalidade é a de compartir e propiciar a súa posta en práctica, para poder usalas, replicalas, reinterpretalas e/ou hackealas segundo necesidades e conveniencias. Esta distribución e socialización da “caixa” é posible grazas ao apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso. Este taller, ademais de en Santiago de Compostela, levouse a cabo en Barcelona e Bilbao e, no mes de decembro, chegará ao Matadero de Madrid.
O ciclo de encontros “Se chego a sabelo antes!” forma parte do proxecto Coidar de Nós e conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña.
Agardámosvos!