O sábado 28 de febreiro ás 12:00 h dá comezo o evento de lanzamento do festival Situated Cinema.
🗓️ 28 de febreiro | 🕛 12:00–14:00
📍 O Gabinete
🎟️ Entrada libre ata completar aforo
🍺 Servizo de bebidas
Este evento presenta SITUATED CINEMA, un festival e unha celebración arredor do poder das historias situadas e diaspóricas, que terá lugar do 20 ao 25 de maio en Setúbal, Portugal.
Durante a sesión escoitaremos as fundadoras: Xiyao Chen, Hadriana Casla (Asociación GRIGRI), así como ao equipo de Sende, e farase un visionado de dúas das pezas seleccionadas na convocatoria de curtametraxes de cine situado e ecotopía.
O festival propón cinco días de convivencia e creación para explorar as ferramentas e os procesos do Cinema Situado, acampando nun bosque de aves en Setúbal, Portugal, a 30 minutos de Lisboa.
A proposta busca activar unha visión consciente, crítica e arraigada da creación cinematográfica. Nun contexto marcado por múltiples crises, o festival pon o foco na práctica do cinema como ferramenta rexenerativa, de coidado e de construción de imaxinarios compartidos.
A partir dos materiais e relatos da contorna, as persoas participantes desenvolverán pequenas pezas cinematográficas, transformando os espazos en cuartos escuros e salas de proxección, e traballando con mecanismos analóxicos de captación de imaxe.
Un encontro concibido para celebrar futuros desexables a través da narrativa.
Situated Cinema nace da colaboración entre a artista Xiyao Chen @oayixnehc, Sende @sende e GRIGRI @grigriprojects.
A actividade enmárcase na nosa liña de traballo Territorios da Arte, un espazo para experimentación artística dende o que traballar cara a superación das dicotomías da arte. Neste sentido, O Gabinete cede o seu espazo para acoller propostas de artistas e disciplinas diversas, cun claro foco en artistas locais aínda non consagradas que están fóra dos circuítos comerciais.
