Adrián de Alfonso + Fiesta en el Vacío en concerto da man de Colapso Colectivo

O domingo 20 de outubro de 16 a 20 h Colapso Colectivo presenta os concertos de Adrián de Alfonso (Don the Tiger) e Luna María Cedrón (Fiesta en el Vacío) cunha sesión previa amenizada por Chago DJ Set (Codex/Colapso).

ENTRADA DE BALDE CON RESERVA a través do formulario.

Adrián de Alfonso, tamén coñecido como Don the Tiger, ademais de pasar por grupos como Bèstia Ferida, Veracruz, Homenatges ou Capitán colaborou con artistas como Carla Bozulich, Valerio Tricoli, Lydia Lunch, El Guincho, Lucrecia Dalt, Victor Herrero, Regina de Miguel, Robert Forster, Tu Madre, Francesco Cavaliere, GY!BE, Paloma Polo, Rubén Patiño, Krapoola, Silvia Coral, Nuno Marques Pinto, Andi Stecher, Evripidis Sabatis, Territoire, Bradien, Jupiter Jon, Extraperlo, The Cheese, Lles Aus, Sam Ashley ou Macromassa. Instalado en Berlin desde 2011, inspírase en todo o que bota en falta nesa cidade -xa sexa rumba, MPB, sardana, bolero, fantasía barroca, guabina, torch songs, flamenco ou salsa- e canalízao a través de elaboradas técnicas de sampling e ramallazos de música concreta, emitindo sempre cun lanzo próximo ao do rockabilly ou o avant-pop máis primitivo. Adrián publicará en novembro seu próximo álbum “Viator” (Maple Death Records).

Neste concerto, Adrián cantará sobre materiais sonoros que se amplifican e emiten en FM. Recoméndase, e animámosvos, a que traiades receptores FM para que entre todxs poidamos dar forma a esta sesión tan especial.

Luna María Cedrón reúne con suavidade e melancolía as complexas influencias e facetas da súa existencia.Baixo o seu alias Fiesta En El Vacío, a artista convoca unha serie de musicalidades latinas que constitúen súa carreira: letras occitanas, flamenco, baladas populares de Venezuela atópanse aquí coas novas xeracións de música urbana: ritmos de reggaeton e instrumentais de electrónica afiada. Sobre estas bases, no seu último disco, os textos sen concesións non deixan alternativa: reivindicación da emancipación da muller, as loitas en curso e o combate contra esta orde de cousas que xa non convén a ninguén. Fiesta En El Vacío é un berro do corazón, pero sobre todo un alento á esperanza: un vasto programa benévolo.

Esta actividade é posible grazas á Subvención para entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Deputación da Coruña.

A actividade enmárcase na nosa liña de traballo Territorios da Arte, un espazo para experimentación artística dende o que traballar cara a superación das dicotomías da arte. Neste sentido, O Gabinete cede o seu espazo para acoller propostas de artistas e disciplinas diversas, cun claro foco en artistas locais aínda non consagradas que están fóra dos circuítos comerciais.