A disidencia, consciente ou non, é unha fenda aberta á exploración de posibilidade. A norma encorseta e afoga, en tanto xera exclusións. A norma non deixa de ser unha ficción, unha entelequia que provoca dor e insatisfacción.
Alén da norma máis que unha actividade é unha liña de pensamento e tamén un xeito de estar no propio Gabinete, un espazo independente de pensamento e creación que procura rachar co hexemónico como aposta por abrir futuros inesperados.
Este convite aberto ao público ten de especial ser o primeiro que organizamos máis tamén porque nos acompañará a poeta Luz Pichel, cunha intervencion poética ao redor da fala e da subalternidade.
O artista ecoxénero Graham Bell Torrado e as súas performances-rituais sanadoras tamén formaran parte do encontro, que será conducido pola Cabezuda Travestida Divine.