Cales son as leis físicas que definen o movemento, o espazo e o son?
Ao redor desta cuestión forxouse, o 29 de abril, unha composición instantánea da man do colectivo que forman Fonsi Millán (Flown C), ao son, e Elsa Pereira, quen puxo o corpo. O Gabinete serviu de escenario para o encontro entre as tres dimensións —movemento/danza, espazo e son—, o lugar onde xurdiu a maxia ofrecida polo preciso instante.
A composición instantánea é unha experiencia na que a performance se compón individual e colectivamente no instante para incitar, como neste caso dende o movemento/danza e son, unha actitude exploratoria que agudiza o sensorial, imaxinativo e intuitivo das persoas que a activan; un acontecemento único que emerxe ante a mirada das presentes e se concretiza segundo as posibilidades do espazo.
*
Elsa Pereira practica Body Weather e investiga sobre as artes e posibilidades do movemento/baile. Programa danza en espazos non convencionais co obxectivo de poetizar corpos e espazos.
Flown C é un artista musical que se dedica a experimentación sonora a través da síntese e de algoritmos xenerativos pseudoaleatorios.
Do colectivo que conforman xuntes xorde unha performance de composición instantánea na que se alían movemento e son.