Etnografías Contemporáneas

Unha das eivas do Sistema Galego de Ciencia é a ausencia de investigación e formación no eido da Antropoloxia. Neste sentido, O Gabinete quere contribuír a fortalecer, dende a colaboración en rede, unha antropoloxia contemporánea non historicista, que nos permita cuestionar e deconstruír temas como a identidade, a pertenza, o territorio e/ou as relacións entre individuo e espazo.

Modos de (non) ver

O Gabinete acolleu o 6 de maio a performance “Modos de (non) ver”, da performer galega Cora Novoa, no marco dunha investigación que leva a cabo para a Universidade de Sevilla. Un encontro no que convidamos ás persoas interesadas en participar a transitar o espazo libremente, pero con certas particularidades.

Conversación online con Belén Sola sobre Investigacións Raritas

O luns 27 de marzo ás 18.00 horas terá un encontro online, vía zoom, coa actual profesora da Universidade de León e coordinadora do LAAV, Laboratorio de Antropoloxía Audivisual Experimental. Con ela abordaremos o alcance do pensar a través de investigacións raras, en tanto permítenos pensar outras metodoloxías, poñer o corpo, atender aos afectos, pensar no xesto público ou cuestionar a forma en que abordamos o que estamos investigando.