As LÁMPADAS de Mauro Trastoy encherán O Gabinete o venres 20 de outubro

LÁMPADA é unha proposta que vai alén do deseño e da arte e móvese nese espazo liminal entre a escultura e a arte útil, procurando achegar ao deseño doméstico unha proposta artística. Estas pezas, que son únicas, estarán á venda no propio Gabinete e na web trastoy.com

Nesta ocasión, o artista Mauro Trastoy dá un novo xiro á súa liña de traballo, volvendo á creación de lámpadas, proxecto que desenvolveu hai uns anos, mais que retoma cun novo pulo. A exposición inaugúrase o 20 de outubro no Gabinete ás 20h. 

A aposta de Mauro Trastoy para esta ocasión, é a de poder crear pezas escultóricas que teñan unha aplicabilidade e onde o prezo non sexa unha barreira. Dalgún xeito prétendese pensar outros modos de ser partícipes no mercado da arte, a través de prezos mais populares, abríndose así a outros potenciais públicos.