SIN CESAR é o primeiro libro da Editorial Entrelazando. Unha novela-documental, conceptualizada como un transmedia analóxico, que narra e relaciona distintas violencias no departamento do Cesar, ubicado ao noroeste de Colombia.
Esta obra relata nun xogo de voces cal foi o encontro co campesiño que viu executados extraxudicialmente os cadáveres de tres mozos polo Exército colombiano en 2008. Así comeza, situado en coordenadas concretas no municipio de El Copey (César) para dende aí, viaxar espacial e temporalmente por un territorio ferido durante décadas polo desposesión, o monocultivo extensivo da palma africana, a minería do carbón, o despotismo político e o exterminio social. Segundo as autoras “nárranse estas execucións extraxudiciais non como un feito concreto senón como a suma de violencia sistemática que afecta a todo o país”.
O colectivo Entrelazando constituíse como un espazo de encontro destinado a crear, comunicar e intervir na realidade a partir de diferentes expresións artísticas, e está composto por Ariel Arango Prada (fotógrafo e documentalista) e Laura Langa Martínez (antropóloga e escritora). Teñen obtivo recoñecemento como o Premio Audiovisuales, Verdad, Paz y Reconciliación ao documental SANGRE Y TIERRA, Resistencia Indígena del Norte del Cauca, otorgado polo Centro de Memoria Paz y Reconciliación de Bogotá (Colombia) no 2021 ou o Premio á Mellor serie fotográfica na categoría Cultura e Identidad Territorial da Bienal del Salón Colombiano de Fotografía con “OFRENDA, Armonía y Equilibrio Desde el Corazón de la Tierra” no 2020.
Esta actividade que se desenolve no Gabinete conta coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC) e do seu Laboratorio de creación etnográfica XEITO, que procura explorar novos formatos de representación e escritura etnográfica. O INCIPIT é un Iinstituto orientado a investigar sobre un problema común, o patrimonio cultural. O Incipit reúne a especialistas de numerosos campos, como antropoloxía, arqueoloxía, arquitectura, astrofísica, educación, filosofía, xeografía, historia, enxeñaría de software, ou lingüística.