A festa é unha eclosión colectiva de corpos e é a mostra da capacidade que temos de construir relaciones afectivas entre nos e tamén co lugar que pisamos. Dende o gozo, a diversión, e o desfrute tamén se fai política. Cómpre artellar espazos de encontro, non só polo feito de estar xuntas senón por como tece relacións e trama alianzas. Ante a desposesión na que vivimos, no que a renda é a barreira que determina o acceso ao lecer; a precariedade, sumado á privatización e suposta racionalización do espazo público, expulsa corpos. Polo tanto, a pregunta que guía esta conversa é: que espazos de socialización xeramos para esa vida común?
O Gabinete (rúa Ponte do Sar, 8 baixo, Santiago de Compostela) acolle a conversa “Festa, corpos e política” buscamos abrir un debate co colectivo uruguaio Fiesta Rara, a activista Laura Bugalho e o investigador Fran Quiroga cos que pensar a potencia da festa como espazo colectivo dende o que tramar xuntas modos de vida colectivos. O encontro público terá lugar o luns 26 de 20:00 a 21;30 e conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela.
Fiesta RARA é unha plataforma artística uruguaia que reúne a varixs músicos, performers, artistas visuais, productores e xestores culturais queer. Defínense como unha “identidade conxunta, compartida, autoxestionada e transfeminista usando o poder constructivo e político que a música e os espazos de baile teñen na sociedade”. Nesta ocasión acompañarannos Victor Garbuyo e Diego Clavijo.
Laura Bugalho é unha sindicalista e activista galega en diversas causas políticas e sociais, principalmente os dereitos das persoas migrantes e nos dereitos das persoas transexuais. É diplomada en Maxisterio e licenciada en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Social, traballa como sindicalista da CIG desde 1992.
Fran Quiroga é investigador transdisciplinar, dirixiu investigacións artísticas como Fiestas Raras, da que editou a obra “La fiesta, lo raro y el espacio público” (Bartlebooth, 2020), un proxecto que procura enrarecer a festa para convertila nun espazo de enunciación política. Codirixe o Gabinte e é o coordinador de Concomitentes.
Que é o Gabinete?
O Gabinete é unha asociación sen ánimo de lucro que se convirte nun lugar de encontro para que as cousas sucedan. Nace coa vontade de abrirse ao inesperado, unha invitación a facer xuntas. Un espazo de traballo e pensamento que acolle investigacións experimentais como foi Investigación Raritas, apoiada polo Ministerio de Cultura e Deporte, ou acolleu exposicións do artista Mauro Trastoi, intervencións da poeta Luz Pichel ou a presentación do libro do ex director do CGAC Manuel Olveira, entre outras moitas accións.