Aprende a facer un “Documento de Vontades Anticipadas” con Som Provisionals

O xoves 12 de xuño ás 19 h terá lugar no noso espazo o obradoiro Aprende a facer o Documento de Vontades Anticipadas
para reflexionar e decidir sobre o noso proceso de morte
coa cooperativa catalana Som Provisionals.

CUSTO: 20 euros con previa inscrición aquí.

 

Queres formar parte do movemento pola soberanía da morte en Galicia?

É un documento que recolle instrucións sobre como queremos ser coidades no noso proceso de morte, desde a atención médica que recibimos até os rituais que se celebran. 
 
O DVA axúdanos a reflexionar sobre os nosos desexos e a trasladalos ás profesionais sanitarias e á nosa rede.
 
Neste obradoiro repasaremos as súas partes e as casuísticas que presenta, da man das compañeiras de Som Provisionais, desde Catalunya, que traballan “coidando a morte para coidar a vida”.
 
Atoparémonos virtualmente con elas desde O Gabinete (Rúa Ponte do Sar, 8 baixo, Santiago de Compostela) para que nos guíen nesta viaxe cara a soberanía arredor da morte, coa facilitación presencial de Marinha Longa.

O obradoiro ten un custe de 20 euros e durará arredor de 2 horas.

Cadaquén disporá dunha copia do documento impreso que se repartirá ese dia no espazo.
 
Inscrición e pago na seguinte ligazón: https://forms.gle/dg4PyneJqwj1BqKLA
 
Agardámosvos neste encontro que será único en Galicia!
 

O obradoiro enmárcanse na nosa liña de traballo Etnografías Contemporáneas coa que queremos contribuír a fortalecer, dende a colaboración, unha antropoloxia contemporánea non historicista, que nos permita cuestionar temas como identidade, pertenza, territorio e/ou as relacións entre espazo e individuo.