Política de cookies

Que é unha cookie?

Unha cookie é un ficheiro de texto inofensivo que se almacena no teu navegador ao visitar unha páxina web. A utilidade da cookie é que a web recorde a túa visita cando navegues de novo por esa páxina. Moita xente o descoñece, pero as cookies se empregan dende hai máis de 20 anos, cando xurdiron os primeiros navegadores para a World Wide Web.

 

Que non é unha cookie?

Non é un virus, nin un troiano, nin un verme, nin spam, nin spyware, nin abre fiestras pop-up.

 

Que información almacena unha cookie?

Polo xeral, as cookies non almacenan información sensible sobre unha persoa, como tarxetas de crédito ou datos bancarios, fotografías, o DNI ou información persoal. Os datos que se almacenan son de carácter técnico, preferencias persoais, personalización de contido, etc.

O servidor web non queda asociado a unha persoa física, senón ao navegador web. De feito, se habitualmente navegas con Internet Explorer e probas a navegar pola mesma web con outro navegador (como Firefox o Chrome) verás que a web non te recoñece como a mesma persoa, porque está asociada ao navegador, non a ti.

 

Que son as cookies propias e de terceiros?

As cookies propias son as xeradas pola páxina web que se está a visitar; as de terceiros son as xeradas por servizos ou provedores externos como Facebook, Twitter, Google, etc.

 

Que acontece se desactivo as cookies?

Para entender o alcance que pode ter a desactivación das cookies, ofrecemos algúns exemplos:

  • Non se poderá compartir contido desa web en Facebook, Twitter ou calquera outra rede social.

  • O sitio web non poderá adaptar os contidos ás preferencias persoais, como no caso das tendas online.

  • Non se poderá acceder á área persoal desa web, como por exemplo A miña conta, O meu perfil ou Os meus pedidos.

  • Tendas online: será imposible realizar compras online; soamente se poderán facer compras telefónicas ou físicas en tenda, de existir esa posibilidade.

  • Non será posible personalizar as preferencias xeográficas como franxa horaria, divisa ou lingua.

  • O sitio web non poderá realizar analíticas web sobre visitantes e tráfico da web, o que dificulta que a web sexa competitiva.

  • Non se poderá escribir no blog, subir fotos, publicar comentarios, deixar valoracións ou puntuar contidos. A web tampouco poderá distinguir un humano dunha aplicación automatizada que publica spam.

  • Non se poderá amosar publicidade sectorizada, o que reducirá os ingresos publicitarios da web.

  • Todas as redes sociais usan cookies, se se desactivan non se poderá utilizar ningunha rede social.

 

Pódense eliminar as cookies?

Si. Non soamente eliminar, senón tamén bloquear, de forma xeral ou particular, para un dominio específico.

Para eliminar as cookies dun sitio web debes ir á configuración do teu navegador. Alí poderás buscar as que se asocian cun dominio específico e proceder á súa eliminación.