Pechamos, pero facémolo cunha festa
Despois de 4 anos, O Gabinete pecha as súas portas. Facémolo non por falta de ganas nin de proxecto, senón porque pedíronnos que marchemos.
Despois de 4 anos, O Gabinete pecha as súas portas. Facémolo non por falta de ganas nin de proxecto, senón porque pedíronnos que marchemos.
Situated Cinema é un festival e unha celebración arredor do poder das historias situadas e diaspóricas, que terá lugar do 20 ao 25 de maio en Setúbal, Portugal. A proposta busca activar unha visión consciente, crítica e arraigada da creación cinematográfica.
O 7 de outubro terá lugar a xornada Taste of Altered Perceptions. Tastyng Phygital Seasoning en O Gabinete, un espazo cultural independente en Santiago de Compostela. Neste encontro presentaranse os…
“Cadelis, putes e animais xota/e/os da parroquia de Sar e periferias, preséntovos meus novos abortinhos artísticos, traede ghanas de mover-vos que é interativo, xa figen case todo lonli e tou chea de min coma de unha autovaca en brasos…
Coñeces o Documento de Vontades Anticipadas (DVA)? É un documento que recolle instrucións sobre como queremos ser coidades no noso proceso de morte, desde a atención médica que recibimos até os rituais que se celebran.
ZEA, o proxecto en solitario de Arnold de Boer, vocalista da banda holandesa The Ex, chega a Compostela o 9 de maio acompañado por Xavier Charles. Abrirá o encontro VÕ CHÍ CÔNG ENSEMBLE.
Encontro de arte sonora con Rea Di Made @nome.intenso, Cravo @cravomaino, Baby Acab e Remora @r_e_m_o_r_a que farán que sucedan cousas ao carón dos pratos, dándolle vida aos discos e pinchando material de ensoño.
O Gabinete abre de novo as súas portas ao COLECTIVO CRU para compartir con vós o seu proceso creativo xunto coa colaboración especial da artista sonora REA DI MADE.
Zarka, artista multidisciplinar e directora artística da Compagnie Marie est de la Nuit, explora os límites entre a danza, o son e as artes visuais. O'Leo de Matamá escribe versos tamén lles pon música e os canta. Carme López é Intérprete, docente e investigadora do campo da música de tradición oral galega.
O workshop “Marcos de Futuro da Cultura” reuniu a representantes de 6 asociacións sectoriais culturais de Galicia para pór en práctica a ferramenta Three Horizons Framework (Os Tres Horizontes) coa que pensamos e planificamos a visión/futuro da cultura dende diferentes perspectivas.
A “Caja de Herramientas de Te ( n ) cuidado” recolle 10 ferramentas para a articulación colectiva. A súa a finalidade é a de compartir e propiciar a súa posta en práctica, para poder usalas, replicalas, reinterpretalas e/ou hackearlas segundo necesidades e conveniencias. Esta distribución e socialización da “caixa” é posible grazas ao apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso.
Convidámosvos a participar no encontro “Dereitos Culturais para unha Democracia Viva” para escoitar a conversa entre Fran Quiroga e Caterina Varela, e participar no debate aberto xunto coas relatoras e persoas integrantes de asociacións do sector cultural galego que tamén estarán presentes no encontro.
O Gabinete abre as súas portas ao COLECTIVO CRU para compartir con vós o seu proceso creativo. Será un ensaio aberto para compartir en modo crú como traballan cando ninguén xs ve.
Adrián de Alfonso cantará sobre materiais sonoros que se amplifican e emiten en FM e Luna María Cedrón, baixo o seu alias Fiesta En El Vacío, reúne con suavidade e melancolía as complexas influencias e facetas da súa existencia. Previo aos concertos contaremos co set de DJ Chago.
Corpo a través é unha acción protesta a modo de deriva na que imos mapear o territorio entre o río Sar e a Cidade da Cultura. Este convite á deriva parte da vontade de convidarvos á sensibilización e á curiosidade, que se ven aumentadas polo efecto de camiñar en silencio e co focoposto na paisaxe sonora.
Grazas á Subvención para entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Deputación da Coruña seguiremos facendo que as cousas sucedan este outono a través do Laboratorio de Cultura Contemporánea.
O Gabinete é un laboratorio de produción cultural contemporánea que desenvolve diferentes accións baixo o lema facer que as cousas sucedan. Unha das cousas que máis nos gustan que suceda é a festa, de aí que o próximo mércores 25 de setembro de 22 a 24 h. organicemos o Guateque no Gabinete.
Achégate ao Gabinete para coñecer a proposta Máis Alalá coa que, a través da electrónica, a percusión e a poesía sonora, Alejandro Vargas e Xelís de Toro recrean poemas do libro De catro a catro de Manoel Antonio con música improvisada e poéticas sonoras.
A esperanza de Ahmed agora é poñer a salvo á sua familia. As súas recentes obras, "diarios do desprazamento", son un reflexo da desvatación que o rodea e a súa forma de resistencia. A través da arte Ahmed intenta lidiar co desprazamento da súa familia.
No Origami, o papel dóbrase dando lugar a unha nova figura. Do mesmo xeito, as ideas do compositor e pianista Juanjo Fernández préganse a través do violín de Amparo Cánovas e o violonchelo de Elena Domínguez, creando Delta.
As novas vivencias son, habitualmente, algo complicadas. Adentrarse no descoñecido impón sempre un pouco de respecto e require, cando menos, dunha pouca valentía.
A exposición reúne o traballo de Mauro Trastoy e Pablo Barreiro nun diálogo entre a luz e a cerámica. As lámpadas escultóricas de Trastoy e as pezas cerámicas de Barreiro comparten procesos que exploran a repetición, o erro e a transformación da materia.
O son, a palabra e a forma en improviso, a preguntármonos cales serían as preguntas necesarias para preguntarse o lugar.
A través de nove ensaios narrativos sobre o estremecemento da condición humana o autor dialoga con personaxes conceptuais da filosofía e literatura para que os seus lectores queden envoltos nas tramas da errancia, a finitude e a interconexión coa natureza dende a cartografía do vivido.
Obradoiro participativo no que aprender a deseñar e usar ferramentas gráficas coas que relatar memorias en directo e en diferido, tomando como contexto situado o barrio de Sar.
Exposición que recolle experiencias de vida, traballo e investigación de Adela Vázquez Veiga a través relatos gráficos, individuais e colectivos, que documentan memorias vividas entre Galiza, a súa terra nai e Yucatán, a súa terra de acollida en México durante 18 anos.
Gael de Papel + Didiva da Ría é o nome que recibe o proxecto a solo Gael de Papel cando se lle xunta a mezzo-soprano e violinista Laura Martins, transformándose nun dúo de música orixinal portuguesa, a medio camiño entre o folk/tradi e a música barroca e renascentista.
Este proxecto utiliza unha combinación única de materiais arqueolóxicos, neurociencia visual e modelos computacionales para contestar a seguinte pregunta: Os mundos que construímos alteran a nosa mente e a nosa forma de procesar a información?
Promovida por Elsa Pereira, a ESFREGA Jam é unha festa/encontro na que diversas manifestacións artísticas se misturan para esfregarse a gusto. Na súa primeira edición converxen danza, música, foto e vídeo. O 16 de decembro en O Gabinete.
Presentación de SIN CESAR unha novela-documental, conceptualizada como un transmedia analóxico, que narra e relaciona distintas violencias no departamento do Cesar, ubicado ao noroeste de Colombia
Con este encontro preténdese abordar cuestións como a construción de procesos soberanistas nas nacións sen estado españolas, a memoria colonial como parte do traballo por facer na autoreflexión soberanista, ou que identidades se están imaxinando e cales quedan fóra.
LÁMPADA é unha proposta que vai alén do deseño e da arte e móvese nese espazo liminal entre a escultura e a arte útil, procurando achegar ao deseño doméstico unha proposta artística.
Como se identifican os elementos definidores das prácticas artísticas comunitarias, ou como pode a arte estar ao servizo do ensanchamento da democracia, son algúns dos temas que se abordarán na Conversa Arte e participación política con Hugo Cruz, que acolle O Gabinete o próximo xoves 28 de setembro ás 20h.
O Gabinete acolle a conversa “Festa, corpos e política” na que se pretende pensar a potencia da festa como espazo colectivo dende o que tramar xuntas modos de vida colectivos.
O Gabinete acolleu o 6 de maio a performance "Modos de (non) ver", da performer galega Cora Novoa, no marco dunha investigación que leva a cabo para a Universidade de Sevilla. Un encontro no que convidamos ás persoas interesadas en participar a transitar o espazo libremente, pero con certas particularidades.
Cales son as leis físicas que definen o movemento, o espazo e o son? Ao redor desta cuestión forxouse, o 29 de abril, unha composición instantánea da man do colectivo que forman Fonsi Millán (Flown C), ao son, e Elsa Pereira, quen puxo o corpo. O Gabinete serviu de escenario para o encontro entre as tres dimensións.
Dende o 15 de abril terá lugar n’O Gabinete o Obradoiro de iniciación «Xogando á performance». Este obradoiro está dirixido a calquera persoa interesada en experimentar un novo modo de facer, dende a práctica, o agora, o absurdo, humor, amor e azar. Realizaremos un percorrido polo tempo, espazo, corporalidade e elementos.
O luns 27 de marzo ás 18.00 horas terá un encontro online, vía zoom, coa actual profesora da Universidade de León e coordinadora do LAAV, Laboratorio de Antropoloxía Audivisual Experimental. Con ela abordaremos o alcance do pensar a través de investigacións raras, en tanto permítenos pensar outras metodoloxías, poñer o corpo, atender aos afectos, pensar no xesto público ou cuestionar a forma en que abordamos o que estamos investigando.
“Os materiais e reflexións que motivan este libro veñen da rúa, do espazo público negado durante a pandemia, dos anónimos que nela deixaron a súa voz, e da incerteza derivada da orde biopolítica e económica neoliberal que multiplica as súas disfuncións sobre o organismo social…” según sinala o autor.
O pasado 21 de xuño de 2022 tivo lugar en O Gabinete unha acción performativa no marco da presentación do ensaio da comisaria María Marco. A investigadora presentaba o II…
A disidencia, consciente ou non, é unha fenda aberta á exploración de posibilidade. A norma encorseta e afoga, en tanto xera exclusións. A norma non deixa de ser unha ficción,…