Territorios da Arte
A nosa asociación aspira a ser un lugar de experimentación artística dende o que traballar cara a superación das dicotomías da arte. Neste sentido, O Gabinete cede o seu espazo para acoller propostas de artistas e disciplinas diversas, cun claro foco en artistas locais aínda non consagradas que están fóra dos circuítos comerciais.
Ensaio Aberto do Colectivo Crú
O Gabinete abre as súas portas ao COLECTIVO CRU para compartir con vós o seu proceso creativo. Será un ensaio aberto para compartir en modo crú como traballan cando ninguén xs ve.
Adrián de Alfonso + Fiesta en el Vacío en concerto da man de Colapso Colectivo
Adrián de Alfonso cantará sobre materiais sonoros que se amplifican e emiten en FM e Luna María Cedrón, baixo o seu alias Fiesta En El Vacío, reúne con suavidade e melancolía as complexas influencias e facetas da súa existencia. Previo aos concertos contaremos co set de DJ Chago.
Deriva Sensosonora Corpo a través
Corpo a través é unha acción protesta a modo de deriva na que imos mapear o territorio entre o río Sar e a Cidade da Cultura. Este convite á deriva parte da vontade de convidarvos á sensibilización e á curiosidade, que se ven aumentadas polo efecto de camiñar en silencio e co focoposto na paisaxe sonora.
Guateque no Gabinete o 25 de setembro
O Gabinete é un laboratorio de produción cultural contemporánea que desenvolve diferentes accións baixo o lema facer que as cousas sucedan. Unha das cousas que máis nos gustan que suceda é a festa, de aí que o próximo mércores 25 de setembro de 22 a 24 h. organicemos o Guateque no Gabinete.
Máis Alalá
Achégate ao Gabinete para coñecer a proposta Máis Alalá coa que, a través da electrónica, a percusión e a poesía sonora, Alejandro Vargas e Xelís de Toro recrean poemas do libro De catro a catro de Manoel Antonio con música improvisada e poéticas sonoras.
Arte contra o xenocidio
A esperanza de Ahmed agora é poñer a salvo á sua familia. As súas recentes obras, “diarios do desprazamento”, son un reflexo da desvatación que o rodea e a súa forma de resistencia. A través da arte Ahmed intenta lidiar co desprazamento da súa familia.
Concerto de Delta
No Origami, o papel dóbrase dando lugar a unha nova figura. Do mesmo xeito, as ideas do compositor e pianista Juanjo Fernández préganse a través do violín de Amparo Cánovas e o violonchelo de Elena Domínguez, creando Delta.
Acompáñanos na experimentación poético sonora Son Artes Rotas
O son, a palabra e a forma en improviso, a preguntármonos cales serían as preguntas necesarias para preguntarse o lugar.
Concerto Gael de Papel + Didiva da Ría
Gael de Papel + Didiva da Ría é o nome que recibe o proxecto a solo Gael de Papel cando se lle xunta a mezzo-soprano e violinista Laura Martins, transformándose nun dúo de música orixinal portuguesa, a medio camiño entre o folk/tradi e a música barroca e renascentista.
A primeira ESFREGA Jam terá lugar en O Gabinete
Promovida por Elsa Pereira, a ESFREGA Jam é unha festa/encontro na que diversas manifestacións artísticas se misturan para esfregarse a gusto. Na súa primeira edición converxen danza, música, foto e vídeo. O 16 de decembro en O Gabinete.