O proxecto estuda como os obxectos inflúen, a través dos estímulos perceptuales que producen (sobre todo os visuais), os procesos cognitivos e en particular a capacidade de anticipación da nosa mente. Utiliza unha combinación única de materiais arqueolóxicos, neurociencia visual e modelos computacionales para expor as seguintes preguntas: Os mundos que construímos alteran a nosa mente e a nosa forma de procesar a información?
As estruturas materiais dos nosos asentamentos, edificios, estradas e artefactos modifican activamente os patróns de pensamento e atención, de modo que entender o cambio nestes “códigos materiais” convértese en parte integrante da comprensión da aparición da mente moderna? Para responder a estas preguntas, XSCAPE utiliza un conxunto de materiais coidadosamente seleccionados, que abarcan unha serie de culturas e un amplo abanico de contornas históricas e contemporáneas, co obxectivo de poñer a proba, por primeira vez, a hipótese do cambio cognitivo impulsado pola materialidade. Para iso utilizamos novas metodoloxías do ámbito da psicoloxía e a neurociencia (como as técnicas de seguimento ocular – eye tracking).
Esta é unha colaboración entre o Instituto de Ciencias do Patrimonio e O Gabinete, desenvolverase unhas actividades que consisten nunha experiencia de percepción visual e arqueoloxía vinculado ao proxecto XSCAPE.